O BNG reclama que a Deputación, a través do ORAL, recoñeza de oficio a exención do IBI ás Comunidades de Montes
A deputada Manuela Rodríguez advirte ao goberno provincial do “absurdo administrativo” de cobrar recibos que despois hai que devolver
A deputada Manuela Rodríguez advirte ao goberno provincial do “absurdo administrativo” de cobrar recibos que despois hai que devolver
No encontro, que terá lugar mañá martes ás 20:30h no Centro Cultural de Borreiros, abordaranse os aspectos que máis afectan ás traídas da Lei do ciclo da Auga da Xunta e do Plan Seca do Concello.
Polo BNG participarán Alfredo López, Manuela Rodríguez e o portavoz de medio ambiente no Parlamento galego, Luís Bará.
Augas de Galiza confirma ao BNG que manterá as concesións a 20 anos, e non a 10 como limitara, e sen obriga de conexión a redes municipais.
Manuela Rodríguez: "O BNG de Gondomar convocará novamente a todas as comunidades de augas do concello para abordar estas cuestións coas xuntas directivas. Tamén para analizar o Plan Seca realizado polo goberno local sen ter en conta ás traídas comunitarias, cando son as que subministran auga á maior parte da poboación do concello".
Dado que o Concello de Gondomar carece dun Regulamento de Participación que permita as entidades sociais e veciñais presentar directamente as súas iniciativas á consideración do Pleno Municipal, o BNG presenta a moción para asegurar o seu debate, mais, na súa liña de procurar a máxima participación veciñal solicita que a mesma sexa exposta por unha persoa representante da ORGACCMM.