O BNG critica a incompetencia do alcalde de Gondomar por prorrogar por sétimo ano os orzamentos municipais

Manuela Rodríguez
Manuela Rodríguez

Manuela Rodríguez: “Que o goberno do PSOE con maioría absoluta continúe coas mesmas contas do PP de 2012 demostra a súa falla de proxecto”.

A fronte nacionalista lamenta que para o último Pleno de 2021 o goberno teña como único asunto a elección dunha bandeira para o concello, mais non se fale de presupostos.

O BNG critica a incompetencia do alcalde de Gondomar por prorrogar por sétimo ano os orzamentos municipais

Gondomar, 1 decembro 2021.- O Bloque Nacionalista Galego vén de criticar a incompetencia do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, por ser incapaz de elaborar uns orzamentos municipais propios por sétimo ano consecutivo. A fronte nacionalista considera que esta inaptitude para presentar un proxecto de contas exercicio tras exercicio demostra a “falla de proxecto” do actual goberno do PSOE.

É un insulto ás veciñas e veciños de Gondomar que un goberno con maioría absoluta non sexa quen de presentar unha proposta propia para as contas do concello”, denunciou a portavoz municipal do BNG de Gondomar, Manuela Rodríguez, que reprobou que o alcalde goberne só “a golpe de impulsos e ocorrencias”.

Desde o BNG opinaron que os orzamentos que se van prorrogar, os mesmos que aprobara o PP no ano 2012, non dan resposta nin atenden ás necesidades reais e actuais do concello. Rodríguez cualificou de “grave” esta circunstancia no actual contexto de crise derivado da pandemia, pois manteñen unhas contas que xa eran “deficientes” unha década atrás.

Como solución, o Goberno municipal está a incorrer nunha falta reiterada de control do gasto e no abuso das modificacións orzamentarias, uso de remanentes e levantamento dos reparos do departamento de Intervención”, reprobou a portavoz municipal do BNG.

Nese sentido, a formación nacionalista lamentou que para o último Pleno municipal deste ano en Gondomar o goberno tivera como único asunto a tratar a elección dunha bandeira para o concello, mais non se falara de presupostos para encarar o 2022.

A última hora e fora da orde do día da comisión informativa, engadiron un novo punto, relacionado cun expediente que ten a ver co abastecemento de auga e saneamento, do que a oposición tivo coñecemento a última hora, “na liña de improvisación e falla de transparencia á que o Alcalde nos ten acostumadas”, critica Rodríguez.

O BNG critica a incompetencia do alcalde de Gondomar por prorrogar por sétimo ano os orzamentos municipais