SOLICITA A CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE URBANISMO

O BNG insta ao Alcalde a explicar as razóns da parálise do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar

IMG_9971_2
IMG_9971_2

O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar novamente a convocatoria da Comisión Informativa de Urbanismo co obxecto de que o Alcalde explique as razóns da parálise do Plan Xeral de Gondomar.

O BNG insta ao Alcalde a explicar as razóns da parálise do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar

Gondomar, 17 de outubro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar novamente a convocatoria da Comisión Informativa de Urbanismo co obxecto de que o Alcalde explique as razóns da parálise do Plan Xeral de Gondomar.

 

A comisión, onde están representados goberno, corporación municipal e equipa redactora, nunca foi convocada desde a súa creación ao inicio de mandato. A única reunión en que se falou do PXOM celebrouse en setembro de 2020, con anterioridade á recepción do documento de alcance do estudo ambiental estratéxico realizado pola Xunta logo da análise dos documentos remitidos polo Concello e das suxestións recibidas na fase de consultas.

 

Unha vez recibidas ás observacións emitidas pola Consellaría, o Alcalde comprometérase a introducir á maior brevidade os axustes necesarios para resolvelas e poder sometelo a aprobación en pleno. “Onde quedaron as declaracións públicas do Alcalde, Paco Ferreira, e da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, que apuntaban ao outono de 2021 como data para a aprobación inicial do PXOM?”.

 

Para o Bloque resulta obvia razón da negativa de Ferreira a convocar a comisión de Urbanismo. “O Alcalde pretende impedir que constatemos a nula xestión do seu goberno no referido ao PXOM, lamenta a portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.

 

A participación social no deseño do PXOM

O goberno de Ferreira tamén se opuxo á creación do Consello Sectorial de Urbanismo, proposta pola organización nacionalista para dar cabida á participación veciñal no deseño do futuro plan xeral de ordenación municipal de Gondomar; proposta acorde co modelo de concellos democráticos, transparentes e participativos que o BNG defende.

 

Para o BNG, a participación da veciñanza e das súas asociacións é a mellor garantía para deseñar un planeamento ao servizo do interese público e xeral. Así, nun concello como Gondomar, onde a oferta de vivenda en alugueiro é cara e escasa, a proposta do PSOE establece unha reserva insignificante de vivenda de promoción pública indo á o mínimo permitido. “Só a participación, desde antes xa da aprobación inicial do PXOM, pode garantir darlle ao documento unha visión social do planeamento previsto, que facilite o acceso á vivenda ás persoas mozas e ás familias traballadoras a prezos asequibles de venda ou alugueiro”.

O BNG insta ao Alcalde a explicar as razóns da parálise do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar