Aymerich reúnese cos propietarios de cabalos do Val Miñor

Aymerich reúnese cos propietarios de cabalos do Val Miñor

O candidato pola provincia de Pontevedra, Carlos Aymerich, e a concelleira Ana Dominguez, mantiveron unha xuntanza cunha representación da Asociación de Propietarios dos Cabalos do Monte do Val Miñor. Nesta reunión os propietarios dos cabalos manifestáronlles a súa oposición ao Decreto Equino da Xunta de Galicia e a posible desaparición desta actividade do monte polas dificultades que esta normativa impón. Durante o encontro destacouse a importancia ecolóxica e cultural que teñen os cabalos do monte, que supoñen unha singularidade propia de Galiza. Así mesmo os propietarios solicitaron do BNG unha solución a esta cuestión, caso de ter responsabilidades de goberno despois das eleccións do día 12-O.

 

Aymerich reúnese cos propietarios de cabalos do Val Miñor