NÓS-Candidatura Galega coa forza do Val Miñor
A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, afirmou este venres en Gondomar que as únicas opción que deu o PP para a mocidade foron: ser precariado ou emigrar
Carme Adán criticou o empeño en que só vexamos bipartidismo a catro. Sempre máis do mesmo. E para Gaiza é imposíbel escoitar propostas. Estamos a unha semana de pechar a campaña na que nos xogamos moito. Censurou a falla de debates nos medios públicos galegos como a TVG. Só se repiten miméticamente as propostas que se fan desde os platós de televisión de Madrid.
Para Nós as políticas son das persoas e por iso explicamos as nosas políticas na rúa: Quen vai falar dos montes en mán común? Quen vai falar dos preferentistas? Quen vai falar dos emigrantes retornados? Quen vai falar das pensións dos galegos e das galegas? Temos as pensións máis baixas do estado e non de casualidade senó porque temos os salarios máis baixos. E temos a fenda salarial máis alta e lembrou que as mulleres galegas teñen que cotizar 80 días máis para a pensión. Da nosa realidade diaria non falan eles, só os que priorizamos a Galiza.
Adán sinalou que Queremos estar cos mariñeiros do cerco, e aquí fago un inciso para enviar a miña solidariedade coas mulleres que esta noite pasan a noite coas mariñeiros do cerco. Queremos estar co sector lácteo e levaremos todos os problemas de Galiza ao Congreso. Fáltanos por convencer a todos aqueles que están indecisos. Dicerlles que é importante participar o 20 D en clave galega porque temos problemas específicos, distintos.
Aludiu á mocidade que nin tan siquera chegan a mileuristas, cobran 500 euros O novo precariado. E tamén lembrou que a outra opción que lle deixa a dereita é emigrar. Cargou as tintas contra Ciudadanos que é aínda máis de dereitas e rebaixa a violencia de xénero.
No acto tamén falaron persoas representativas de sectores de interese no Val Miñor como Pepe Pereira das Asociacións de Montes en Mán Común, quen puxo en valor a riqueza dos montes e salientou o feito de que Nós é a única organización que recolle nos seu programa a defensa do monte vecinal. Falou a candidata Helena Pérez quen falou de como se fragou a candidatura Nós. Asemade, explicou a elaboración do programa no que puido participar todos aqueles que quixesen. Esbozou algunhas das súas propostas máis salientábeis e criticou o desmantelamento do noso sistema financiero e subliñou a necesidade de contar cunha banca pública. Afirmou que non somos un novo produto eleitoral, vimos de lonxe.