Primarias de Iniciativa pola Unión
28 out. 2015 - 13:48
O BNG fai parte do proceso de participación popular a través da plataforma Iniciativa pola Unión (polaunion.gal) para a conformación dunha candidatura galega que está xa en marcha.Un dos pasos decisivos nese proceso ten a ver co proceso de elaboración das candidaturas ao Congreso e ao Senado. O método escollido é o da participación democrática, de base, a través dun proceso de primarias.
Para informar sobre o proceso aberto a INICITIVA POLA UNIÓN convoca no Val Miñor unha ASEMBLEA ABERTA que vai ter lugar o XOVES 29 DE OUTUBRO ás 20:15h na CASA DA CULTURA en GONDOMAR.
Podes acceder á web para coñecer toda a información relacionada coa presentación de candidaturas: