iniciativa
Plenos do Concello
Portavoz BNG Pleno Gondomar

Aprobada por unanimidade unha nova iniciativa do BNG a prol do saneamento e do servizo de baleirado de fosas sépticas

A iniciativa insta ao goberno municipal a desenvolver a normativa municipal precisa para a posta en marcha dun servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas, e a investir os fondos do plan de obras e servizos da deputación en dar saneamento a vivendas que non o teñen

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Ferreira non pode seguir a dar desculpas que ninguén cre. Se realmente houbera vontade pola súa parte, nada lle impediría aprobar dunha vez a ordenanza reguladora do servizo e investir en saneamento. Leva case 11 anos no goberno gastando grandes cantidades para outras obras menos prioritarias; tempo e cartos tivo dabondo”

Ler novas
internet
BNGFotoEncontroPlataformaFibraGondomar

BNG avanza iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para demandar melloras na conexión de Internet no concello de Gondomar

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Constitúe un agravio que Telefónica anuncie o reforzo no verán da súa rede móbil no Val Miñor para permitir máis e mellores conexións, mentres a veciñanza de Gondomar está todo o ano “desconectada”.


 

Ler novas
sanidade

O BNG presenta unha iniciativa no Parlamento Galego reclamando a mellora da atención sanitaria no Val Miñor

Demanda do goberno do PP a volta á atención presencial e o reforzamento do persoal sanitario e non sanitario nos centros de saúde, e a ampliación das especialidades prestadas no Val Miñor para evitar as listas de agarda, nomeadamente en saúde mental.

Ler novas