A iniciativa do BNG provoca que a Concelleira de Igualdade convoque, por fin, o Consello Municipal da Muller para o 30 de marzo
A Portavoz do BNG, Manuela Rodríguez, parabeniza a rectificación da Concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, que co bloqueo da convocatoria estaba a impedir a participación das mulleres no deseño e toma de decisións das políticas municipais que lles afectan.
O BNG celebra que a súa iniciativa tivera o efecto agardado e que, por fin, estea convocada a reunión do Consello Municipal da Muller para o vindeiro 30 de marzo.
O anuncio en prensa da recollida de sinaturas entre as integrantes do CMM, para instala a convocar reunión con carácter extraordinario e urxente, provocou que hoxe mesmo a Concelleira de Igualdade tivera a dilixencia de convocalo de inmediato tal como se lle estaba a demandar dende hai meses.
A Portavoz Municipal do BNG, Manuela Rodríguez, parabeniza a rectificación de Lameiro, que até hoxe, co bloqueo da convocatoria, estaba a impedir a participación das mulleres no deseño e toma de decisións das políticas municipais que lles afectan, e solicítalle que inclúa como parte da orde do día os puntos 2 e 3 que se propuñan no documento da recollida de sinaturas: 2. Seguimento do IV Plan de Igualdade. Propostas de actuación para a mellor consecución dos seus obxectivos; 3. Actuacións e acordos a propoñer a Concellerías, á Corporación, aos Consellos Municipais, ou a outras institucións que incidan coas súas actuacións ou coas súas omisións no ámbito da muller e na igualdade de oportunidades das mulleres no municipio.
BNG Gondomar.