Iniciativa do BNG para mellorar as liñas de transporte do Val Miñor
10 set. 2013 - 16:06
Na reunión da Mancomunidade do Val Miñor do pasado 1 de xullo aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo BNG para a mellora do transporte no Val Miñor.
O BNG pide ao Pleno do Concello de Gondomar que ratifique o acordo da Mancomunidade do Val Miñor para a mellora das liñas de transporte da comarca.
O BNG de Gondomar solicita que se retome o texto da moción aprobado nesa reunión e que o Pleno do Concello de Gondomar ratifique os seguintes acordos acadados no seu día:
- Solicitar á Dirección Xeral de Mobilidade que promova a realización dun Plan de transporte metropolitano da área de Vigo que mellore a comunicación dos diferentes concellos da comarca con Vigo e entre eles.
- Esixir ás empresas adxudicatarias o mantemento do actual servizo e solicitar á Direccións Xeral de Mobilidade que se pronuncie no mesmo sentido.
- Promover a creación, con carácter de urxencia, dunha comisión entre a Mancomunidade do Val Miñor, a Dirección Xeral de Mobilidade e as empresas, co fin de realizar un plan de transporte do Val Miñor que mellore a situación actual e que recolla, entre outras medidas, a inclusión de novos itinerarios, paradas, solución da situación actual de traxectos con Vigo, etc.
Solicitar o compromiso de negociar e impulsar o uso dun billete metropolitano que permita realizar transbordos entre diferentes liñas, da mesma ou diferentes empresas, no ámbito da comarca de Vigo
Negociar coa empresa concesionaria tarifas reducidas para usuarios habituais, estudantes, persoas xubiladas, etc, procurando as vías necesarias para garantir o apoio económico a esta medida.