transporte
Asamblea Aberta sobre o transporte público colectivo en Gondomar
28/mar./2018
O BNG convoca a toda veciñanza a unha asamblea aberta sobre o transporte público colectivo en Gondomar.
Nesta asamblea trataremos o seguintes temas:
- Supresión da liña de Melytour por Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.
- Os problemas das frecuencias e paradas da liña ATSA entre Gondomar e Vigo.
- A ausencia de servizo regular entre as parroquias, ao CUVI e entre os concellos do Val Miñor.
- Transporte metropolitano.
A asamblea será o próximo martes 3 de Abril as 19:45 no Centro Neural (Ao lado do campo de fútbol das Cercas)