obras
medio ambiente
Confluencia ríos Miñor e Zamáns

O BNG denuncia o ‘irresponsábel atraso’ de 14 anos das obras para reducir os efectos das enchentes no concello de Gondomar

Á solicitude dunha copia do novo proxecto para a prevención das inundacións, o goberno galego responde que aínda está ‘en fase de supervisión técnica’

Carmela González, deputada parlamentar: “Confírmase outro incumprimento de Augas de Galicia, que prometera o inicio das obras para este verán”

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “O atraso é o resultado de anos de desencontros e acusacións cruzadas entre a Xunta e o Concello. PP e PSOE poñendo sempre os seus intereses partidistas por riba interese da veciñanza”

Ler novas
Concello de Gondomar
Asemblea Aberta

O BNG de Gondomar mellora coas súas propostas o proceso de humanización da Praza Manuel Alonso

O decálogo de propostas da fronte nacionalista, asumido polo Goberno municipal e que inclúe demandas da veciñanza, recolle un plan de ordenación do tráfico e aparcamento, durante e despois das obras, e medidas para garantir o funcionamento do comercio e os servizos

Manuela Rodríguez: “Esixiremos ao Goberno local que cumpra de maneira estrita este decálogo de melloras, que son as condicións para que esta obra se materialice”

Ler novas