ordenanza
xestión do lixo
WhatsApp Image 2025-09-04 at 12.52.59

O BNG anuncia o seu voto en contra da ordenanza do lixo porque deixa fóra a práctica totalidade das alegacións da veciñanza

A organización nacionalista denuncia que o goberno de Ferreira non atendeu as alegacións e emendas e que se limita a sacar adiante unha proposta puramente recadatoria, contravindo o espíritu da lei que a inspira

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Na súa liña de autoritarismo e falla de diálogo, Ferreira volve convocar un pleno extraordinario e pola vía de urxencia, desoíndo a solicitude do BNG de abrir un proceso de participación con toda a corporación municipal e coas entidades de representación veciñal para consensuar unha ordenanza xusta e acorde coa realidade económica de Gondomar”

Ler novas
Concello de Gondomar
BNG con carteis denunciados diante árbore agredida

O BNG de Gondomar denuncia a dobre vara de medir do alcalde na aplicación das ordenanzas municipais

A organización nacionalista volve cualificar como represalia política a apertura do expediente sancionador que obrigou a retirar a cartelaría da campaña do Bloque a prol da seguranza viaria e da mellora da mobilidade nas parroquias do concello

 

Manuela R. Pumar, voceira municipal do BNG: “Non hai ‘aplicación igualitaria das ordenanzas’ cando o propio goberno municipal, co seu alcalde á cabeza, pode incumprir impunemente a mesma ordenanza que se nos aplica a nós para sancionarnos”

Ler novas
xestión do lixo
Pleno Gondomar

O BNG de Gondomar convoca asembleas veciñais informativas para recoller alegacións á ordenanza do lixo

A organización nacionalista realizará as reunións dentro do prazo de exposición pública co fin de recoller achegas e facilitará un modelo de alegación para que veciñas e veciños as poidan presentar directamente no Concello a título individual ou colectivo

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “A ordenanza debe ser modificada nos importes e nos aspectos relativos a descontos e bonificacións. A proposta definitiva debe ser acorde a realidade económica de Gondomar e debe establecer a garantía e o equilibrio do servizo no territorio”

Ler novas