Conversa co BNG en Gondomar

Conversa co BNG en Gondomar

O BNG de Gondomar convoca asemblea aberta en Gondomar


- O BNG de Gondomar convoca unha asemblea aberta en Gondomar este venres 15, ás 20:30 h. na Casa da Cultura.




Co título de Conversa co BNG, o BNG de Gondomar convoca ás veciñas e veciños de Gondomar para presentar o seu Consello Local e dar conta das liñas de traballo seguidas nestas semanas. Con este acto péchase a rolda de encontros parroquias iniciada o 14 de maio. Nestas conversas o BNG presentou o novo Consello Local integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, Bieito A. Lobariñas e Ana Bringas



Nos encontros realizados o BNG recibiu o apoio das veciñas e dos veciños de Gondomar e recolleu as súas preocupacións e propostas.



O BNG de Gondomar convida a todas e a todos a que acudan a estes encontros, en que o BNG dará conta do traballo realizado e recollerá as preocupacións da veciñanza.


A nova nos medios:

Conversa co BNG en Gondomar