Conversa co BNG en Vincios

Conversa co BNG en Vincios

O BNG de Gondomar presenta o Consello Local en Vincios


- O BNG de Gondomar presenta o seu novo Consello Local en Vincios este mércores día 13, ás 21:00 horas no Centro Cultural.




Co título de Conversa co BNG, o BNG de Gondomar convoca ás veciñas e veciños de Vincios para presentar o seu Consello Local, integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, Bieito A. Lobariñas e Ana Bringas.



O BNG de Gondomar convida a todas e a todos a que acudan a estes encontros, en que o BNG dará conta do traballo realizado e recollerá as preocupacións da veciñanza.

A nova nos medios:

Conversa co BNG en Vincios