Solución ao transporte colectivo

Solución ao transporte colectivo

estacion-de-autobuses-de-gondomarO Bloque Nacionalista Galego, que celebra que o Concello de Gondomar conte por fin cun pacto de goberno entre grupos políticos saídos das eleccións do pasado 24 de maio, reclámalle ao novo goberno que non demore máis en buscar unha solución ao problema do trasporte público colectivo.

A situación de precariedade en canto ao transporte público colectivo que padece a localidade para a súa comunicación entre as parroquias, co Val Miñor e con Vigo, agrávase aínda máis para as persoas de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, usuarias da liña de transporte que cubre a empresa Melytuor entre Vigo e esas parroquias, xa que desde hai varios días soportan unha suba no prezo do billete de até o 20%. Esta suba non afecta aos billetes das zonas intermedias ente Vigo e Gondomar vila que manteñen os mesmos prezos, algo que ao BNG parécenos inexplicable.

Según informa a empresa, as novas tarifas veñen impostas pola Xunta de Galiza e teñen a ver coa implantación do plan de transporte metropolitano, ao que Gondomar non está adherido, que non se calculan en función dos kilometros percorridos como até o de agora.

Sexa como for, esta nova situación non fai máis que incrementar o deterioro do transporte colectivo público no noso concello, polo que o BNG insta ao novo goberno a que de xeito inmediato faga as xestións necesarias encamiñadas á mellora no transporte de viaxeiros cos concellos da contorna, e que, mentres non se acaden, exixan da Xunta a restitución das tarifas anteriores.