Conversa co BNG en Vilaza e en Borreiros
18 maio 2012 - 20:54
O BNG de Gondomar presenta o seu Consello Local en Vilaza e Borreiros
- O BNG de Gondomar vai celebrar esta semana dous novos encontros coas veciñas e os veciños, desta volta nas parroquias de Vilaza e Borreiros.
Co título de Conversa co BNG terán lugar dous encontros coa veciñanza das parroquias de Vilaza e Borreiros o próximo luns e mércores, respectivamente. Nestes encontros será presentado o novo Consello Local integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, vicerrresponsábel local, Bieito A. Lobariñas, responsábel de organización e Ana Bringas, responsábel de finanzas.
A primeira Conversa será o luns 21 de maio ás 20:30 horas no Centro Cultural de Vilaza.
O mércores 23, desta vez ás 21 horas, terá lugar o encontro cos veciños e veciñas de Borreiros no Centro Cultural desta parroquia.
O BNG de Gondomar convida a todas e a todos a que acudan a estes encontros, en que o BNG quere ademais escoitar e recoller as preocupacións da veciñanza.