A rolda de encontros veciñais abertos do BNG de Gondomar continúa en Borreiros
O encontro nesa parroquia terá lugar este mércores 8 de xullo, ás 20:15h, no Centro Cultural e Veciñal
O encontro nesa parroquia terá lugar este mércores 8 de xullo, ás 20:15h, no Centro Cultural e Veciñal
A segunda xornada de asembleas informativas da organización nacionalista achegará a Borreiros o debate a respecto dos dous temas tratados no último pleno municipal: a modificación da ordenanza que regula a taxa do lixo e o proxecto para a creación dun itinerario peonil na estrada parroquial que vai do Telleiro á Sabarís, que o Concello presentou ao plan extra da Deputación
Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Agardamos que, de se levar adiante ese proxecto, sexa unha boa solución para resolver os problemas de mobilidade en Borreiros e que non acabe sendo un parche como o das obras realizadas en 2024”
A iniciativa nacionalista insta ao goberno local a resolver os problemas de inseguridade viaria da estrada principal da parroquia, en cumprimento dos compromisos adquiridos por Ferreira hai máis de seis anos coa veciñanza e que leva incumprido até agora
Chama a atención que as imaxes coas que o Alcalde acompaña o ‘anuncio’ sexan as mesmas que as dun estudo técnico realizado en 2023, que contemplaba varias solucións para a execución dun itinerario peonil na estrada que vai do Telleiro á Sabarís e que o propio Ferreira desbotaba até hai ben pouco por problemas de encaixe no planeamento urbanístico
Manuela Rodríguez, voceira do BNG de Gondomar: “Celebramos o efecto da nosa moción, agardamos sinceramente que o anuncio non sexa unha nova promesa convertida en fume das que acostuma Ferreira e solicitamos que desta vez abra o proxecto a participación veciñal antes de aprobalo”
Manuela Rodríguez: “A veciñanza demanda seguridade con urxencia e calquera das opcións estudadas vai requerir moito tempo para se materializar; faise preciso actuar no inmediato para evitar riscos de atropelos e accidentes”