O BNG reunirase este luns con representantes da pequena empresa do concello de Gondomar

MellorComercioLocal
MellorComercioLocal

A reunión que terá lugar este luns, 6 de marzo, ás 20:30h, no Centro Cultural de Peitieiros.

A finalidade do recollido será o seu traslado en forma de iniciativas a nivel municipal e de propostas a incluír no programa electoral das municipais do vindeiro 28 de maio.

O BNG reunirase este luns con representantes da pequena empresa do concello de Gondomar

GONDOMAR, 5 de marzo de 2023.- O BNG de Gondomar reunirase con representantes das pequenas empresas radicadas no concello de Gondomar. A reunión que terá lugar este luns, 6 de marzo, ás 20:30h, no Centro Cultural de Peitieiros.

No encontro, en que participarán a Portavoz Municipal en Gondomar, Manuela Rodríguez, e a Portavoz da Área de Comercio no Parlamento Galego, a deputada Carmela González, o BNG trasladará as medidas que veñen defendendo tanto a nivel xeral, no ámbito galego e estatal, en materia de comercio, hostalaría, salóns de peiteado e estética, etc, e aquelas outras propostas de actuación que consideran fundamentais a nivel local.

Mais, sobre todo, pretenden que lles permita aproximarse as variadas características e problemáticas de cada sector, e recoller as súas achegas e propostas, de xeito que poidan contribuír ao mantemento e recuperación da actividade comercial de todo tipo no concello de Gondomar.