ANTE O ANUNCIO DA AMPLIACIÓN DOS COMEDORES ESCOLARES DOS COLEXIOS DE DONAS E VINCIOS

O BNG lembra a Xunta e Concello as múltiples necesidades da comunidade educativa

ColexioPeitieiros
ColexioPeitieiros

Ante o anuncio da ampliación dos comedores escolares dos CEIP Souto-Donas e Serra-Vincios, o BNG lembra aos gobernos da Xunta e Concello que as melloras necesarias nos centros de ensino de Gondomar son moitas e que a maioría deberían ter sido acometidas con moita anterioridade.

Nin o PSOE de Paco Ferreira nin o PP de Paula Bouzós apoiaron as iniciativas do BNG que instaban a realizar melloras demandadas pola comunidade educativa

O BNG lembra a Xunta e Concello as múltiples necesidades da comunidade educativa

Gondomar, 11 de xullo de 2022.- Ante o anuncio da ampliación dos comedores escolares dos CEIP Souto-Donas e Serra-Vincios, o BNG lembra aos gobernos da Xunta e Concello que as melloras necesarias nos centros de ensino de Gondomar son moitas e que a maioría deberían ter sido acometidas con moita anterioridade.

 

Os catro colexios públicos e os dous institutos existentes no concello presentan necesidades de melloras reiteradamente reclamadas pola comunidade educativa, tanto de mantemento e conservación das infraestruturas como de dotación de novas instalacións non previstas na construción inicial dos centros.

 

A maioría desas melloras foron propostas polo BNG, a finais de 2021, como emendas aos orzamentos da Xunta para este ano 2022 e todas foron rexeitadas polo goberno de Feijóo. Outras teñen sido demandadas ao goberno local e tampouco foron atendidas.

 

Así mesmo, o BNG presentou unha moción en que trasladaba unha relación desas necesidades aos gobernos local e galego, instándoos a acometelas á maior brevidade para que a súa maior parte poidera estar executada para o inicio do presente curso escolar. A proposta foi rexeitada polo PSOE de Paco Ferreira e polo PP de Paula Bouzós.

 

Para o vindeiro pleno, a celebrar o 26 deste mes, o Bloque insistirá nesa liña ademais de volver solicitar que no curso 2022-2023 o servizo de comedor sexa un extensivo a todo o alumnado de Gondomar, incluído o de todas as aulas de infantil do CRA Antía Cal, e que se poña en marcha o servizo de aulas matinais.

 

Tamén insistirá o BNG na urxencia da creación do Consello Escolar Municipal como organismo consultivo que reúna a representantes da comunidade educativa de Gondomar para establecer a súa necesaria interlocución co goberno municipal e a súa participación na toma de decisións que lles afectan.

O BNG lembra a Xunta e Concello as múltiples necesidades da comunidade educativa