Xornadas Feministas do Val Miñor

Xornadas Feministas do Val Miñor

gondomar 5A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, organizou este decembro as súas Xornadas Feministas do Val Miñor. Estas xornadas percorreron as distintas localidades do Val Miñor, iniciando cun obradoiro sobre os micromachismos no bar Rañolas da vila de Gondomar. O obradoiro estivo dinámizado pola xornalista e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova, Olaia Rodil.

Os micromachismos son estratexias de violencias invisíbeis cotiás que se exercen contra as mulleres para coartarnos e agredirnos. Ficamos rodeadas permanentemente destas situacións, e ese é só un dos moitos motivos de importancia polos cales temos o deber e a obriga de recoñecelos e actuar fronte estas situacións. No BNG e en Galiza Nova estamos plenamente concienciadas da importancia da loita feminista e do deber que temos como mulleres de combater estes ataques. É por iso polo que dende as mocidades do BNG anímase á mocidade a achegarse, falar, debater e aportar novos puntos de vista co fin de erguer unha Galiza feminista!

Máis fotos do acto:

Gondomar1

Gondomar2

Gondomar3

Gondomar4

Xornadas Feministas do Val Miñor