antidemocrática
mancomunidade
FotoPlenoTránsfugasVotanCoGoberno

O BNG denuncia a nova manobra antidemocrática do Alcalde de Gondomar coa que pretende premiar o transfuguismo no concello

Ferreira tenta modificar os acordos do pleno de organización para colocar á tránsfuga Rocío Cambra como representante da corporación municipal nas mancomunidades de concellos do Val Miñor e da Área de Vigo

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Esa é a democracia de Ferreira. Mentres na rúa se lle esixen accións que atendan as necesidades da veciñanza, el anda ao seu interese persoal, procurando maiorías que xustifiquen o seu desgoberno”

Ler novas
eleccións municipais
IMG_9953

O BNG de Gondomar cualifica de “indecencia antidemocrática” a fichaxe dun tránsfuga na candidatura de Paco Ferreira

A fronte nacionalista censura a incorporación de Manuel Gómez na lista socialista, após ser expulsado en 2009 por asinar a moción de censura contra o Goberno do Bloque. Esixe aos socialistas que rectifiquen “por hixiene democrática” unha decisión que vai en contra do Pacto Antitransfuguismo.

Manuela Rodríguez: “Ante un PSOE desesperado que bota man de tránsfugas que lle fixeron o traballo sucio ao PP, dende o BNG de Gondomar presentamos unha candidatura honesta, comprometida e fiábel”

A candidata nacionalista esixe aos socialistas que rectifiquen “por hixiene democrática” unha decisión que vai en contra do Pacto Antitransfuguismo

Ler novas