feminismo
O BNG denuncia que PSOE e PP deixan sen servizos de conciliación as familias do alumnado de Gondomar
12/set./2022
O goberno local do PSOE de Ferreira négase a prestar o servizo de aulas matinais e o da Xunta do PP non dará o comedor ao CRA Antía Cal.
Así o deixaron patente os grupos de Paco Ferreira e de Paula Bouzós co seu voto en contra da moción do BNG debatida no pleno deste mes de setembro.