medio ambiente
O BNG denuncia que o Alcalde aínda non convocou ningunha reunión para resolver o problema da auga en Vilaza
19/set./2022
O Bloque Nacionalista Galego denuncia que, a apenas dúas semanas do pleno de outubro, o Alcalde aínda non convocou ningunha reunión para resolver o problema da auga en Vilaza.
Manuela Rodríguez: “Solicitamos do Alcalde que dunha vez por todas se convoque unha primeira reunión no formato que lle pareza oportuno; que deixe de sinalar culpábeis e que se poña a procurar solucións, que é o que demanda a veciñanza de Vilaza”