problemaauga
medio ambiente
IMG_9971_2

O BNG solicita reunión urxente da Comisión Informativa do Pleno para resolver o problema da auga en Vilaza

O BNG vén de solicitar a través do rexistro electrónico do Concello a convocatoria extraordinaria e urxente da comisión Informativa de Asuntos do Pleno para resolver, á maior brevidade posible, o problema da auga en Vilaza. Convida aos demais grupos da corporación a facer o mesmo para obrigar ao Alcalde a convocala, en sesión extraordinaria, xa na vindeira semana

 

Manuela Rodríguez: “Sr. Ferreira, deixe de enviar mensaxes inútiles a través da prensa e as redes sociais e convoque xa os órganos necesarios para dar a solución urxente que precisa a súa parroquia”

Ler novas