Coronavirus - Covid19
O BNG de Gondomar insta ao concello a realizar tests do COVID-19 ao todo o funcionariado municipal antes da súa incorporación ao traballo presencial
21/maio/2020
A Portavoz Municipal denuncia a falta de información por parte do Alcalde, tanto ao persoal como á oposición, sobre cal será o protocolo de desescalada no concello.
Manuela Rodríguez: “Suspendeu unilateralmente as reunións semanais da Xunta de Voceir@s e segue sen convocar o Pleno. Ten confinada a democracia”.