O BNG de Gondomar insta a Paco Ferreira a explicar a situación legal do aparcadoiro da finca da rúa Ánimas

WhatsApp Image 2023-02-06 at 20.50.05
FotoBalsaAugaLeira-Parc

O BNG de Gondomar insta a Paco Ferreira a explicar a situación legal do aparcadoiro da finca da rúa Ánimas

Ademais solicitan solución para os agravios que as obras do “leira-parc” provocan á veciñanza

O BNG de Gondomar insta a Paco Ferreira a explicar a situación legal do aparcadoiro da finca da rúa Ánimas

Gondomar, 6 de febreiro de 2023.- O BNG de Gondomar insta ao Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a explicar a situación legal do aparcadorio, “leira-parc”, ubicado no centro da vila entre a rúa Ánimas e a Avenida do Conde de Gondomar.

 

O pasado mes de xaneiro, a portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez, solicitou a través do rexistro municipal toda a información referida aos expedientes das actuacións municipais realizadas no terreo en cuestión e que dá á parte de atrás dos edificios vivendas situados nos números 11, 13 e 15 da Avenida do Conde de Gondomar. En concreto, solicitaba datos en relación á balsa de auga que se forma cando chove debido ao movemento de terras efectuado, e á afectación que está a producir na cimentación dos mesmos.

 

“Sorprendentemente, a resposta a esa solicitude de información é que non existe ningún expediente relacionado con esas actuacións”, relata a voceira do BNG, “nin existen documentos ou facturas específicas en relación coas obras de acondicionamento do terreo, nin tampouco contrato de alugueiro ou convenio de uso coa propiedade. Algo que ao BNG nos resulta, cando menos, preocupante”.

 

Estes problemas polas filtracións de auga na cimentación dos edificios, provocada pola retirada de terra que servía de barreira natural nos días de moita chuvia no inverno, son continuación da abafante poeira que no verán tiveron que sufrir os veciños da zon.

 

Para o Bloque é evidente que éste é o resultado da constante improvisación do goberno de Paco Ferreira. Ante a súa falla de previsión á hora de crear novas prazas de aparcamento en reposición das que se destrúen coas peonalizacións, habilita espazos sen planificación e sen medir as consecuencias. “Iso é algo ao que nos ten acostumados. E agora tamén se engade a falla de legalidade?” Ante esta dúbida, e na defensa dos intereses a veciñanza afectada, o BNG pedirá no vindeiro pleno explicación da situación legal do “leira-parc” e solución para os agravios que as obras realizadas están a provocar.

O BNG de Gondomar insta a Paco Ferreira a explicar a situación legal do aparcadoiro da finca da rúa Ánimas