Novo centro de saúde

Novo centro de saúde

O BNG de Gondomar esixe a xestión pública ao 100% do novo centro de saúde


- Hoxe transcendeu aos medios de comunicación que o Consello da Xunta de 29 de xuño informou da licitación de 15 novos centros de saúde, entre os cales se atopa o de Gondomar, que xa fora anunciado durante o goberno bipartito e, tras a chegada do PP ao goberno da Xunta, quedou postergado sen se saber cando se iniciarían as obras, malia ter posto o BNG, no seu día, os terreos a disposición da Xunta.




A Xunta de Galicia informou de que a licitación dos “15 novos centros de saúde e a ampliación do Hospital do Salnés suporá un investimento total de 41,5 millóns de euros, dos cales 11 millóns corresponde administración autonómica e o resto a fondos FEDER e fondos AGADER”. A previsión é que se licite en xullo o expediente de contratación, podendo presentarse as ofertas até a primeira semana do mes de setembro.



O BNG de Gondomar esixe que o Centro de Saúde sexa 100% público, e que non se adopte o modelo privatizador seguido para a construción e posta en funcionamento do Hospital de Vigo.



Por outro lado, agarda que este anuncio sexa unha realidade e non unha manobra electoralista pensada de cara a unha vindeira convocatoria de elección.


Novo centro de saúde