A ORGANIZACIÓN NACIONALISTA CONVIDA A VECIÑAS E VECIÑOS Á SE SUMAREN A ESTA ACCIÓN
O BNG organiza unha subida ao Galiñeiro por unha Serra libre de eólicos
O BNG realiza unha subida ao Galiñeiro para esixir a paralización do proxecto de instalación dun parque eólico nese enclave natural e demandar o incremento da protección ambiental da serra
O Bloque Nacionalista Galego está a realizar diversas accións no marco da súa ofensiva política e social en contra do plan eólico do PP. Un modelo produtivista e de espolio contra o monte e que se está a promover sen participación nin transparencia.
Dentro desa ofensiva, para este venres 30 de abril organizan unha subida a Serra do Galiñeiro para esixir a paralización do proxecto de instalación dun parque eólico nese enclave natural e demandar o incremento da protección ambiental da serra.
A organización nacionalista, que considera fundamental traballar canda os colectivos veciñais, ambientais e comunidades de montes para sumar forzas para frear de maneira definitiva o proxecto eólico, convida a veciñas e veciños a se sumaren a esta acción en defensa dunha Serra libre de eólicos.
A saída será ás 17.00h desde o Merendeiro do Galiñeiro (localización: https://goo.gl/maps/FyZwmQgiwNxXRjFn6). Recoméndase levar roupa e calzado cómodo.