REIVINDICA UNHA ENERXÍA EÓLICA SUSTENTABLE, XUSTA E GALEGA

O BNG esixe no Galiñeiro a paralización do proxecto eólico e demanda aumentar a protección ambiental da Serra

FotoAcciónGaliñeiro300421

O BNG esixe no Galiñeiro a paralización do proxecto eólico e demanda aumentar a protección ambiental da Serra.

Reivindica unha enerxía eólica sustentable, xusta e galega

O BNG esixe no Galiñeiro a paralización do proxecto eólico e demanda aumentar a protección ambiental da Serra

Na subida ao Galiñeiro realizada o venres, o Bloque Nacionalista Galego esixiu a paralización do proxecto eólico e demandou maior protección ambiental para Serra no seu conxunto. Nese sentido levarán ao parlamento e ao concello novas iniciativas para urxir a paralización cautelar do proxecto así como para alargar o grao de protección ambiental do Galiñeiro, propoñendo a súa inclusión no Parque Natural do Aloia.

 

Na acción en defensa da Serra do Galiñeiro participaron a voceira municipal do Bloque en Gondomar, Manuela R. Pumar, á deputada e o deputado, Carmela González e Luís Bará, ademais doutros cargos orgánicos do BNG, xunto cunha representación da Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios encabezada polo seu presidente, Alberto Covelo.

 

O deputado, Luís Bará, cualificou o modelo eólico do PP como unha “ameaza de megainvasión eólica disfrazada de verde que pretende espoliar os nosos recursos para repartilos como un botín entre as grandes empresas eléctricas”. E advertiu que “queremos dicir alto e claro á Xunta do PP que non imos permitir este espolio, que defenderemos o país no seu conxunto e este espazo emblemático en concreto da depredación por parte das grandes eléctricas".

 

Pola súa banda, o presidente da Comunidade de Montes, Alberto Covelo, explicou que, de ir adiante, este proxecto eólico apartaríaos da totalidade do seu monte, xa que 400 hectáreas quedarían fora da súa xestión directa. “Quitáronnos as ferramentas lexislativas e normativas que podían impedir este atropelo. Agora a única arma que nos queda somos nós, a comunidade de montes, veciñas e veciños, a plataforma en defensa da Serra e todos os colectivos que a conforman, as forzas políticas que se posicionan claramente contra a instalación dos muíños no noso monte. E seguiremos facendo accións como esta, seguiremos loitando para impedir que nolo rouben”.

 

Dentro da ofensiva que a organización nacionalista está a despregar por todo o País, o BNG denuncia que o modelo eólico depredador do PP insiste no papel da Galiza como mera produtora de enerxía -con independencia dos seus custos económicos, sociais e ambientais-, para xerar importantes beneficios económicos postos nas mans privadas de grandes empresas de capital foráneo e desviar a enerxía producida para a subministración a outros territorios, basicamente do Estado español. Pola contra, o Bloque defende unha enerxía eólica sustentable, xusta e galega. Un outro modelo en que Galiza se beneficie da súa condición de potencia produtora para a industrialización do país, para a obtención dunha tarifa eléctrica propia e para mellorar a deficiente calidade na subministración de enerxía eléctrica.

O BNG esixe no Galiñeiro a paralización do proxecto eólico e demanda aumentar a protección ambiental da Serra