bng
urbanismo
Charla Informativa BNG en Borreiros

Unha moción do BNG sobre as beirarrúas en Borreiros abriga ao Alcalde de Gondomar a saír anunciando que ‘están a preparar un proxecto’

A iniciativa nacionalista insta ao goberno local a resolver os problemas de inseguridade viaria da estrada principal da parroquia, en cumprimento dos compromisos adquiridos por Ferreira hai máis de seis anos coa veciñanza e que leva incumprido até agora

Chama a atención que as imaxes coas que o Alcalde acompaña o ‘anuncio’ sexan as mesmas que as dun estudo técnico realizado en 2023, que contemplaba varias solucións para a execución dun itinerario peonil na estrada que vai do Telleiro á Sabarís e que o propio Ferreira desbotaba até hai ben pouco por problemas de encaixe no planeamento urbanístico

Manuela Rodríguez, voceira do BNG de Gondomar: “Celebramos o efecto da nosa moción, agardamos sinceramente que o anuncio non sexa unha nova promesa convertida en fume das que acostuma Ferreira e solicitamos que desta vez abra o proxecto a participación veciñal antes de aprobalo”

Ler novas
deputación
Pleno Deputación 31072025

O BNG pide a Igualdade da Deputaciónque inste ás empresas do SAF, concellos e Xunta a suspender os servizos de maneira cautelar cando se detecten casos de acoso

Esta petición foi presentada pola deputada Manuela Rodríguez tras o minuto de silencio celebrado antes do Pleno provincial con motivo do asasinato de Teresa de Jesús, traballadora do servizo de axuda ao fogar no Porriño.

Manuela Rodríguez, deputada provincial: "De nada serven os minutos de silencio. Máis ao contrario, fan falla berros de denuncia e accións encamiñadas a que non se repitan situacións de perigo para as mulleres"

 

Ler novas
urbanismo
A Pasaxe - Proxecto Sectorial - Fase II

O BNG de Gondomar rexeita o convenio con Zona Franca relativo á Pasaxe por consideralo lesivo para os intereses do Concello

Lamentan que o Alcalde non estimara retirar esa proposta para poder renegociala con CZFV e convertela nun acordo beneficioso para Gondomar

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Máis que un convenio urbanístico de concertación de vontades para a consecución dun beneficio mutuo, é realmente un acordo de parte, un contrato leonino onde as vantaxes están do lado de Zona Franca”

Ler novas
Concello de Gondomar
CEP Neira Vilas

O BNG reclama a PP e PSOE que deixen as leas partidistas e permitan o funcionamento do ascensor do CEP Xosé Neira Vilas de Peitieiros

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “É lamentable ver agoberno da Xunta –do PP–, e ao goberno local –do PSOE, reproducir en Gondomar as súas leas partidistas importadas de Vigo ou Madrid. E o que é peor, que o fagan a costa do funcionamento dunha dotación que mellora as prestacións dun centro educativo público no noso concello.

Ler novas
ensino
Carmela Glez e Manuela Rguez no CEIP Souto Donas

O BNG reclama da Xunta o desdobramento da aula de segundo de primaria no CEIP Souto Donas

O BNG de Gondomar reclama da Xunta o desdobramento da aula de 2º de primaria do CEIP Souto Donas que no vindeiro curso 2025-2026 vai contar con 27 alumnas e alumnos, un número por riba da ratio establecida.

A portavoz municipal do BNG de Gondomar, Manuela Rodríguez e maila deputada no parlamento galego Carmela González reunironse onte luns en Donas cunha representación das familias afectadas, preocupadas polo que pode supoñer o excesivo número de alumnado para a correcta atención e formación dos seus fillos e fillas.

Ler novas
Vídeo
FotoOfensivaGESDignoXa2

Video BNG - Situación da sede do GES no Val Miñor

A sede do GES, o espazo da vergoña

Pero a problemática laboral non é a única. Así o BNG denuncia que “a absoluta precariedade en que vive o servizo de emerxencias” afecta tamén ás súas dependencias, tanto no que respecta á localización como ao estado en que se atopan.

Relatan que actual sede do GES atópase en “situación de total abandono, leva anos sen lle facer nin o máis mínimo mantemento”. Nun edificio compartido con outros servizos do Concello de Nigrán, “cunhas instalacións cheas de humidades, paredes desconchadas, barandas desprendidas, teitos con pingueiras, unha escaleira perigosa, sen espazo nin elementos para o adestramento físico”, en definitiva, “é o espazo da vergoña, insalubre e incompatible cunhas condicións laborais minimamente dignas”. Sinalan desde o Bloque que nin a Xunta do PP, nin os sucesivos presidentes da Mancomunidade”, os socialistas de Nigrán e Gondomar, e o popular de Baiona, “fan nada por arranxar a situación, nótase que eles non teñen que traballar aquí”.

Por outro lado, os nacionalistas volven denunciar tamén a “desaxeitada localización da propia sede do GES”Situada nunha rúa sen saída e detrás dun instituto de educación secundaria que concentra en determinadas horas innumerables vehículos e persoas, o “que pode dificultar enormemente as saídas de emerxencias”, lembran.

Diante desta situación, as e os representantes do BNG consideran que se fai “imprescindible construíunha nova sede ou trasladar o Grupo de Emerxencias a unhas novas dependencias”. Cómpre dotalo dunha “nova localización que evite ter os vehículos á intemperie, que estea situada nun lugar axeitado, que facilite a comunicación con todo o Val, deseñada funcionalmente para o seu cometido e específica para o servizo”.

Para as nacionalistas é “condición necesaria conseguir esas novas dependencias que garantan prestar un mellor servizo, con maior seguridade e efectividade”. E insisten en que debe ser xa, porque é dunha irresponsabilidade temeraria manter nese estado o servizo das emerxencias, xogámonos vidas.

Para o BNG a consecución dun novo emprazamento “só poderá vir da man dun convenio entre a Mancomunidade e as outras administracións competentes”, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galiza, “de aí esta ofensiva simultánea nas distintas institucións.

Ler novas