Aprobada por unanimidade a moción do BNG que insta á convocatoria inmediata do CMM
O prazo de renovación das conselleiras amplíase até o 30 de setembro e o órgano consultivo deberá ser constituído na primeira semana de outubro
O prazo de renovación das conselleiras amplíase até o 30 de setembro e o órgano consultivo deberá ser constituído na primeira semana de outubro
A piques de rematar a prorroga do IV Plan de Igualdade e en vésperas 25N, o BNG de Gondomar solicita, máis unha vez, a convocatoria do Consello Municipal da Muller (CMM). O órgano leva sen se reunir dende novembro de 2021 cando debería facelo, como mínimo, cada catro meses.
Manuela Rodríguez: “O CMM, como órgano consultivo e de representación das mulleres do noso concello, debera ser o foro onde avaliar primeiramente o grao de cumprimento do Plan”
A Portavoz nacionalista, Manuela Rodríguez, ponse de novo a disposición para colaborar na resolución do expediente, tal como xa fixera no pleno celebrado o 20 maio de 2021 (https://i.gal/4NlCJ), en que se facultou ao Sr. Ferreira para designar os integrantes desa comisión da que este excluíu a oposición.
Non houbo pleno en xaneiro e o de marzo nin foi convocado nin houbo comunicación algunha ao conxunto da Corporación
Manuela Rodríguez: “Volvemos estar en situación similar ao inicio de mandato e non descartamos volver denuncialo diante da Valedoría do Pobo”