Aprobada a moción do BNG que insta a Xunta e Concello a garantir o servizo de comedor no CRA Antía Cal para o vindeiro curso
Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Urxe prestar o servizo de comedor para o alumnado do colexio rural para evitar a perda de matrícula para o curso 2025-2026. Esiximos que Xunta e Concello pacten unha solución que permita recuperar este servizo esencial para as familias.”