tránsfuga
medio ambiente
PSOE+Cambra contra saneamento

O PSOE de Ferreira xunto coa tránsfuga Cambra votan en contra dunha nova iniciativa do BNG a prol do saneamento

A ‘nova maioría’, froito das manobras antidemocráticas do alcalde, votou en contra de investir en saneamento e de poñer en marcha o servizo de baleirado

Manuela Rodríguez, portavoz do BNG: “É indignante escoitar ao Alcalde falar con desprezo da veciñanza organizada dicindo que son ‘catro veciños’, e utilizar un tono case ameazante para acusar a quen se mobiliza de ‘oportunismo político que só pretende desgastar ao seu goberno’, cando o que fan é demandar un servizo de competencia municipal que ‘o seu goberno’ non atendeu nos dez anos que leva na alcaldía.”

Ler novas
mancomunidade
FotoPlenoTránsfugasVotanCoGoberno

O BNG denuncia a nova manobra antidemocrática do Alcalde de Gondomar coa que pretende premiar o transfuguismo no concello

Ferreira tenta modificar os acordos do pleno de organización para colocar á tránsfuga Rocío Cambra como representante da corporación municipal nas mancomunidades de concellos do Val Miñor e da Área de Vigo

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Esa é a democracia de Ferreira. Mentres na rúa se lle esixen accións que atendan as necesidades da veciñanza, el anda ao seu interese persoal, procurando maiorías que xustifiquen o seu desgoberno”

Ler novas