Galiza Nova reivindica en Gondomar a obra de Rosalía de Castro

Galiza Nova reivindica en Gondomar a obra de Rosalía de Castro

Galiza Nova, as mocidades do Bloque Nacionalista Galego, organiza en Gondomar un acto aberto reivindicativo de Rosalia de Castro este venres 12 de abril no Café Rañolas (R/Otero Pedrayo,3, Gondomar) ás 20 horas.

Neste recital poético, organizado pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da Comarca de Vigo, reivindicarase a figura de Rosalía de Castro como símbolo da nosa nación e de loita feminista neste ano do 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos. O acto será prsentado por Beatriz Pérez, responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova de Vigo, e contará coa participación da escritora Marta Dacosta e con diversas actuacións musicais.