Maré polo galego en Compostela

Maré polo galego en Compostela

Milleiros de persoas secundan a convocatoria de Queremos Galego contra os ataques ao idioma do País


- Máis de 25.000 persoas, segundo os convocantes, encheron as rúas de Compostela para rexeitar os ataques ao galego e reivindicar o dereito a vivirmos na lingua propia da Galiza.

Compostela foi neste día a gran barca de pedra na que embarcaron milleiros e milleiros de persoas para, secundando a convocatoria de Queremos Galego, facer frente aos ataques ao idioma e reivindicar o dereito a vivirmos plenamente na língua do País. Non só a Praza da Quintana, punto final da manifestación, ficou pequena para acoller a maré de xente que acudiu á capital da Galiza para, no Día das Letras Galegas, deixar ben claro que o idioma segue vivo. Tampouco na Alameda e contorna (Porta Faxeira), punto de partida, non collía unha agulla. Millares de persoas (unhas 25.000 segundo a organización) procedentes de todos os recantos do País quixeron estar presentes en Compostela para amosar que hai un pobo que non vai permitir máis agresións contra o seu idioma. A cidade rebordou de paixón polo galego.





E nós estivemos aí!

Foto de Cruz Martínez


Fonte: http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/mare-polo-galego-en-compostela/20120517162341001336.html