O BNG denuncia que o goberno local de Gondomar non remitiu á Valedora do Pobo o informe a situación do servizo da auga en Vilaza

AsembleaVilaza
AsembleaVilaza

A Valedoría solicita información trala queixa do de BNG diante da falla de solución ao problema da auga xerado polo goberno local hai xa oito anos

Manuela Rodríguez: “É dunha gran irresponsabilidade que, pasado xa un ano desde a anterior alerta, aínda non se activara ningunha medida para controlar o consumo e evitar posíbeis cortes na subministración de auga nun eventual episodio de seca.”

O BNG denuncia que o goberno local de Gondomar non remitiu á Valedora do Pobo o informe a situación do servizo da auga en Vilaza

O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar denuncia a actitude do Alcalde de Gondomar por non dar resposta á petición da Valedora do Pobo. Esta demandáballe información sobre o servizo da auga en Vilaza logo da queixa presentada pola Portavoz Municipal do BNG, Manuela Rodríguez, diante da falla de solución ao problema da auga na parroquia e que foi xerado polo goberno local hai xa oito anos.

Desde o BNG lembran que en xullo do ano pasado, a actual empresa concesionaria do servizo municipal de subministración de auga, Espina e Delfín, remitira ao Alcalde un escrito onde informaba dunha situación de alerta por seca relacionada co abastecemento de auga á parroquia de Vilaza. Supostamente porque, ao non estar controlado o servizo aos veciños, unha parte deles estaría a ter un consumo anormalmente esaxerado. A concesionaria indicaba que, na situación de alerta por seca daquel momento e de continuar así o consumo, era previsible que tivera que restrinxir o abastecemento municipal con cortes de auga a Gondomar en determinados períodos horarios.

Para o BNG é moi preocupante que un ano despois, e cando todo parece indicar que en 2023 poida darse unha situación de seca similar ao ano anterior, o servizo de abastecemento de auga en Vilaza siga sen regularizar. E considera “dunha gran irresponsabilidade que aínda non se activara ningunha medida para controlar o consumo e evitar os posíbeis cortes na subministración de auga”, indica a voceira do BNG en Gondomar.

Por esa razón, o BNG anuncia que a primeira iniciativa que tomará, unha vez conformada a nova corporación este sábado 17 de xuño, será a de instar á convocatoria da xunta de portavoces dos grupos políticos resultantes das urnas co obxectivo de “resolver xa un problema para o que o Bloque achegou proposta de solución no pleno de decembro pasado e que ficou sen tratar por falla de interese por parte do goberno saínte”.

O BNG denuncia que o goberno local de Gondomar non remitiu á Valedora do Pobo o informe a situación do servizo da auga en Vilaza