axudas
ensino

O BNG de Gondomar propón modificar as bases das axudas para os comedores escolares con criterios de progresividade e equidade

O BNG de Gondomar propón ao goberno local do PSOE a modificación das bases das axudas municipais para os comedores escolares do vindeiro curso 2021-2022 con base en criterios de progresividade e equidade, establecendo as axudas en función da renda e do número de crianzas usuarias do servizo de cada familia.

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Un goberno que se di de esquerdas debería defender criterios de progresividade e equidade que beneficien ás rendas máis baixas, máxime en tempos de crise como os que vivimos”.

 

Ler novas
economía
Manuela Rodríguez

O BNG insta ao goberno de Gondomar a sacar unha nova liña de axudas para os sectores económicos afectados pola crise da Covid

Manuela Rodríguez:Solicitamos unha nova liña de axudas de 300.000€ con cargo aos fondos que a Deputación pon a disposición para ese fin e ao remanente do concello”

Ler novas