chaín
eleccións estatais
FotoMesasMañufe_Mpais2023

A iniciativa do BNG de Gondomar logra o cambio de ubicación da mesa electoral de Chaín para evitar as barreiras arquitectónicas

O BNG de Gondomar, diante da convocatoria de eleccións xerais para o vindeiro 23 de xullo e logo de se ter publicado a relación de mesas para esa nova cita electoral, trasladou ao Concello e á Xunta Electoral a solicitude de cambio de tres mesas de votación por contar a súa localización con atrancos arquitectónicos.

O BNG celebra que se atendera, cando menos en parte, a súa petición no camiño de posibilitar o dereito a votar en igualdade de condicións a todas as persoas.

Ler novas
transporte
Foto Asemblea Morgadáns Transporte_23032018

O BNG reclama a reposición inmediata da liña de Melytour polas parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.

En asemblea convocada polo BNG e celebrada o pasado venres en Morgadáns, as veciñas e veciños presentes acordaron a presentación no rexistro do concello das 268 sinaturas recollidas pola veciñanza afectada desde hai case un ano pola suspensión arbitraria do servizo de transporte público ás parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, por parte da empresa concesionaria Melytour, na súa ruta circular de comunicación coa vila de Gondomar e con Vigo.

Por outro lado, e dado que a empresa de transporte insiste en que a interrupción do servizo está causada polos danos que os pasos de peóns sobreelevados ocasionan nos vehículos grandes ao seu paso pola vila nas rúas do Emigrante e das Pereiras, de titularidade municipal, tamén se acordou solicitar unha reunión da veciñanza coas partes, Alcalde, Concelleiro de Tráfico e Mobilidade e a empresa Melytour, na que estas poñan sobre a mesa cales son as dificultades, se as houber, para resolver o conflito, e na que se acorde unha solución que permita a reposición inmediata do servizo suspendido. Algo que xa se ten reclamado en reiteradas ocasións sen aparente interés por parte do Alcalde que até hai escasos meses tamén ostentaba as delegacións de tráfico e mobilidade.

BNG

Ler novas