Aprobada por unanimidade a moción do BNG que insta á convocatoria inmediata do CMM
O prazo de renovación das conselleiras amplíase até o 30 de setembro e o órgano consultivo deberá ser constituído na primeira semana de outubro
O prazo de renovación das conselleiras amplíase até o 30 de setembro e o órgano consultivo deberá ser constituído na primeira semana de outubro
O BNG vén de solicitar, a través da súa Portavoz Municipal Manuela Rodríguez, a convocatoria urxente do Consello Municipal da Muller (CMM) co fin de elaborar e valorar propostas de actuación por parte da Concellería de Igualdade en relación ao 8M.
Manuela Rodríguez: "O CMM debería ser o espazo onde se puxeran en común as accións e eventos a levar a cabo no concello de Gondomar en relación a esta data e de acordo ao contemplado no vixente Plan de Igualdade Municipal."
A Portavoz do BNG, Manuela Rodríguez, parabeniza a rectificación da Concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, que co bloqueo da convocatoria estaba a impedir a participación das mulleres no deseño e toma de decisións das políticas municipais que lles afectan.
Manuela Rodríguez: “O CMM, como órgano consultivo e de representación e participación das mulleres, debe ser o foro onde consensuar as políticas de igualdade a desenvolver no Concello e onde avaliar o nivel de cumprimento do Plan de Igualdade municipal.”