comunidades
medio ambiente
IMG_9953

O BNG demanda da Xunta a mellora das redes veciñais de abastecemento antes de aplicar a taxa por perdas de auga

O BNG promove unha declaración que aposta polas comunidades de augas como solución propia do medio rural para garantir o abastecemento dun ben esencial e dun dereito básico como é a auga. Así mesmo, defende como vital garantir a mellora do funcionamento das traídas veciñais desenvolvendo plans específicos co impulso e coa colaboración material e económica das administracións públicas.
Ler novas
medio ambiente
FotoBaráLeiCicloAuga

O BNG reúnese coas Comunidades de Augas de Gondomar

No encontro, que terá lugar mañá martes ás 20:30h no Centro Cultural de Borreiros, abordaranse os aspectos que máis afectan ás traídas da Lei do ciclo da Auga da Xunta e do Plan Seca do Concello.

 

Polo BNG participarán Alfredo López, Manuela Rodríguez e o portavoz de medio ambiente no Parlamento galego, Luís Bará.

Ler novas
UNKNOWN
foto Luís Bará

A Xunta dá marcha atrás nas condicións de renovación das concesións das comunidades de auga veciñais

Augas de Galiza confirma ao BNG que manterá as concesións a 20 anos, e non a 10 como limitara, e sen obriga de conexión a redes municipais.

 

Manuela Rodríguez: "O BNG de Gondomar convocará novamente a todas as comunidades de augas do concello para abordar estas cuestións coas xuntas directivas. Tamén para analizar o Plan Seca realizado polo goberno local sen ter en conta ás traídas comunitarias, cando son as que subministran auga á maior parte da poboación do concello".

 

Ler novas
montes en man común
Ana Pontón cos representantes dos montes en man común

O BNG rexistra no Concello a moción presentada pola Organización Galega de Comunidades de Montes a prol da ILP por unha Lei de Montes Veciñais

Dado que o Concello de Gondomar carece dun Regulamento de Participación que permita as entidades sociais e veciñais presentar directamente as súas iniciativas á consideración do Pleno Municipal, o BNG presenta a moción para asegurar o seu debate, mais, na súa liña de procurar a máxima participación veciñal solicita que a mesma sexa exposta por unha persoa representante da ORGACCMM.

Ler novas