O BNG denuncia o agravamento no verán das deficiencias do servizo de transporte interurbano no Val Miñor
Paulo Ríos, deputado do BNG: “Liñas saturadas sen buses de reforzo, usuarias de pé na viaxe ou ‘plantadas’ nas paradas, ameaza de eliminación de paradas e supresión do circular do Val Miñor no verán, ese é o nefasto balance do plan de transporte da Xunta nesta zona”.