demanda
mancomunidade
PortavocesBNGValdeMiñor

O BNG demanda do PP e PSOE a convocatoria inmediata do pleno da Mancomunidade do Val de Miñor para fortalecer o seu funcionamento

Instan á Comisión de goberno, formada polos alcaldes de Baiona, actual presidente, de Gondomar e de Nigrán, a exercer as súas funcións, a comezar por celebrar os plenos trimestrais que levan sen convocar máis de un ano

Manuela Rodríguez, Iago Pereira e Xavier Rodríguez, portavoces do BNG en Gondomar, Baiona e Nigrán, respectivamente, sinalan que “ese desinterese das diferentes presidencias de PSOE e PP é un obstáculo para a mellora e o correcto funcionamento dos xa escasos servizos mancomunados, como a piscina ou o grupo de emerxencias supramunicipal (GES)”

Ler novas
ensino
PlenoGondomar

O BNG levará ao Parlamento galego a demanda de manter o servizo de comedor do CRA Antía Cal de Gondomar

O goberno da Xunta, que este curso xa deixou sen servizo a varias familias de Peitieiros, única aula con ese dereito, pretende eliminalo por completo

O Bloque instará tamén ao goberno local no vindeiro pleno municipal a prever unha dotación económica para evitar o desmantelamento do servizo

Manuela Rodríguez: “En pleno período de reserva de prazas para o vindeiro curso, urxe garantir o servizo de comedor no colexio rural. Esiximos que Xunta e Concello se deixen de acusacións mutuas e liortas partidistas e dean xa a solución que as familias precisan”

Ler novas
internet
BNGFotoEncontroPlataformaFibraGondomar

BNG demanda ao Goberno do Estado que cumpra coa legalidade vixente e atenda as reclamacións rexistradas en galego na Galiza

Rego reclama que se atendan todas as peticións escritas pola veciñanza de Gondomar a través da Plataforma GONDOMAR FIBRA XA! sobre a pésima cobertura de internet e fibra no Concello que foron dirixidas ao Instituto Galego de Consumo, organismo que logo derivou o asunto á Administración Xeral do Estado.

Nestor Rego: “Ten que atender as peticións con independencia da lingua oficial en que se atopen”

Ler novas