parlamento
Val Miñor
WhatsApp Image 2024-04-24 at 20.19.27

O BNG comprométese a defender no Parlamento galego as necesidades da veciñanza do Val Miñor

A deputada do Bloque Carmela González presenta, xunto cos portavoces
nacionalistas en Nigrán, Gondomar e Baiona, as principais liñas de traballo
na Xunta centradas no acceso á vivenda e na mellora dos servizos públicos

Carmela González: “O BNG intensificaremos as nosas iniciativas para poñer fin á
desatención e á falla de proxectos no Val Miñor por parte dos Gobernos do PP”

Ler novas
medio ambiente
FotoAcciónEólicos_MOUGAS_OIA_2

O BNG traslada ao Parlamento galego o clamor social contra os proxectos eólicos no Val Miñor e no Baixo Miño

Desde o BNG trasladarán a ofensiva social ao Parlamento galego para esixir unha rectificación da Xunta. Bará chamou a frear este modelo “depredador do territorio” que defende o PP e denunciou os “atallos legais” que está a usar o goberno do Feixóo para favorecer a aprobación dos proxectos, como a fragmentación de parques que conforman unha unidade co fin de minguar os impactos que reflicten as avaliacións ambientais.
Ler novas