ensino
Aprobada a moción do BNG contra os recortes da Xunta no número de docentes no IES Auga da Laxe
13/out./2021
No pleno municipal do pasado xoves foi aprobada a moción do BNG contra o recorte de profesorado que a Xunta impuxo no IES Auga da Laxe de Gondomar para este curso 2021-2022.
Só votou en contra o grupo municipal do PP, cuxa portavoz, Paula Bouzós, preferiu defender os recortes de Feixóo antes que a calidade do ensino do alumnado de Gondomar.