DEMANDAN TAMÉN A CONVOCATORIA URXENTE DA XUNTA DE VOCEIROS PARA INFORMAR PREVIAMENTE AO CONXUNTO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL E PARA FIXAR DATA E HORA DO PLENO

O BNG esixe comparecencia do Alcalde en Pleno extraordinario para dar explicacións sobre a presunta prevaricación relacionada co Polígono da Pasaxe

A Pasaxe
A Pasaxe

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG:O Alcalde non só debe dar conta do que implica a sentencia, senón que tamén debe despexar, á maior brevidade posible, calquera dúbida a respecto da legalidade das actuacións realizadas na Pasaxe

O BNG esixe comparecencia do Alcalde en Pleno extraordinario para dar explicacións sobre a presunta prevaricación relacionada co Polígono da Pasaxe

Gondomar, 26 setembro de 2021.- O BNG esixe a comparecencia inmediata do Alcalde en Pleno extraordinario para dar explicacións sobre unha presunta prevaricación relacionada coas obras do Polígono da Pasaxe. Demandan tamén a convocatoria previa e urxente da Xunta de Voceiros para un primeiro informe ao conxunto da Corporación Municipal e para fixar data e hora do pleno.

Dada a urxencia do asunto a tratar, solicitan sesión extraordinaria do Pleno para que Ferreira explique o contido da sentencia do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo, do 31 de agosto pasado, que declaraba nulo o acordo municipal referido á urbanización do polígono da Pasaxe, as súas consecuencias, así como as actuacións levadas adiante polo goberno local unha vez coñecida a sentencia.

A Portavoz Municipal do BNG, Manuela Rodríguez, considera que o Alcalde “non só debe dar conta do que implica a sentencia, senón que tamén debe despexar, á maior brevidade posible, calquera dúbida a respecto da legalidade das actuacións realizadas na Pasaxe”.

Dende o BNG mostran a súa preocupación, diante posible denuncia por prevaricación contra Ferreira por parte da Plataforma de Afectados polo Polígono Garrida-Pasaxe, por non ter paralizado as obras de ampliación do polígono industrial, e agardamos que o goberno local non estea a poñer en perigo a súa viabilidade, fundamentalmente polo que poida supoñer de perda de postos de traballo presentes ou futuros”.

O BNG esixe comparecencia do Alcalde en Pleno extraordinario para dar explicacións sobre a presunta prevaricación relacionada co Polígono da Pasaxe