O BNG defenderá a permanencia de Gondomar na Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor
Os portavoces nacionalistas de Baiona, Gondomar e Nigrán lamentan que o desleixo das sucesivas presidencias de PP ou PSOE faga esmorecer o enorme potencial deste ente supramunicipal e apostan por reforzalo con novos servizos e actividades mancomunadas
Manuela Rodríguez, portavoz do BNG en Gondomar: “Que vai pasar coa cobertura do GES para as nosas emerxencias, cos beneficios no uso da piscina da Ramallosa e co dereito de acceso as escasas prazas públicas do centro de día se Gondomar abandona a Mancomunidade? E de todo iso do que nos quere quitar Paco Ferreira?”
O BNG de Gondomar desenvolve unha campaña pola seguridade viaria e a mellora da mobilidade nas estradas que discorren polo concello
A primeira acción é de denuncia a través da colocación de carteis que visibilizan os problemas existentes e sinalan a administración responsable da estrada en que se atopan
Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Queremos parroquias seguras, espazos humanizados, con beirarrúas, beiravías ou sendas peonís, con pasos de peóns seguros. Demandamos actuacións que melloren a nosa calidade de vida, que reduzan a sinistralidade e os riscos asociados ao tráfico”
A escritora Marta Dacosta destaca, no acto organizado polo BNG e a FGS en Gondomar, que aínda hai unha débeda de recoñecemento coa figura inmensa de Castelao
Persoas de diversas idades mostraron o seu interese pola figura de Castelao na conferencia que se desenvolveu dentro do programa para homenaxear ao autor no setenta e cinco aniversario da súa morte
O BNG de Gondomar denuncia que o goberno de Ferreira segue a priorizar o estético sobre o necesario
Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Neste ano, dos fondos da deputación que lle corresponden ao noso concello Ferreira destina máis de 1,8 millóns de euros a humanizacións e apenas 150 mil euros a servizos básicos municipais”
O BNG reclama a PP e PSOE que deixen as leas partidistas e permitan o funcionamento do ascensor do CEP Xosé Neira Vilas de Peitieiros
Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “É lamentable ver ao goberno da Xunta –do PP–, e ao goberno local –do PSOE–, reproducir en Gondomar as súas leas partidistas importadas de Vigo ou Madrid. E o que é peor, que o fagan a costa do funcionamento dunha dotación que mellora as prestacións dun centro educativo público no noso concello.”
O BNG pide á Xunta que permita ao alumnado da aula de Peitieiros do CRA Antía Cal utilizar o comedor do CEIP Neira Vilas en Gondomar
O BNG preguntará ao goberno local no pleno pola situación das instalacións deportivas municipais das Gaiandas
Video BNG - Situación da sede do GES no Val Miñor
A sede do GES, o espazo da vergoña
Pero a problemática laboral non é a única. Así o BNG denuncia que “a absoluta precariedade en que vive o servizo de emerxencias” afecta tamén ás súas dependencias, tanto no que respecta á localización como ao estado en que se atopan.
Relatan que actual sede do GES atópase en “situación de total abandono, leva anos sen lle facer nin o máis mínimo mantemento”. Nun edificio compartido con outros servizos do Concello de Nigrán, “cunhas instalacións cheas de humidades, paredes desconchadas, barandas desprendidas, teitos con pingueiras, unha escaleira perigosa, sen espazo nin elementos para o adestramento físico”, en definitiva, “é o espazo da vergoña, insalubre e incompatible cunhas condicións laborais minimamente dignas”. Sinalan desde o Bloque que “nin a Xunta do PP, nin os sucesivos presidentes da Mancomunidade”, os socialistas de Nigrán e Gondomar, e o popular de Baiona, “fan nada por arranxar a situación, nótase que eles non teñen que traballar aquí”.
Por outro lado, os nacionalistas volven denunciar tamén a “desaxeitada localización da propia sede do GES”. Situada nunha rúa sen saída e detrás dun instituto de educación secundaria que concentra en determinadas horas innumerables vehículos e persoas, o “que pode dificultar enormemente as saídas de emerxencias”, lembran.
Diante desta situación, as e os representantes do BNG consideran que se fai “imprescindible construír unha nova sede ou trasladar o Grupo de Emerxencias a unhas novas dependencias”. Cómpre dotalo dunha “nova localización que evite ter os vehículos á intemperie, que estea situada nun lugar axeitado, que facilite a comunicación con todo o Val, deseñada funcionalmente para o seu cometido e específica para o servizo”.
Para as nacionalistas é “condición necesaria conseguir esas novas dependencias que garantan prestar un mellor servizo, con maior seguridade e efectividade”. E insisten en que “debe ser xa, porque é dunha irresponsabilidade temeraria manter nese estado o servizo das emerxencias, xogámonos vidas”.
Para o BNG a consecución dun novo emprazamento “só poderá vir da man dun convenio entre a Mancomunidade e as outras administracións competentes”, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galiza, “de aí esta ofensiva simultánea nas distintas institucións.”
O BNG insta á Xunta de Galiza a crear a Valedoría de Igualdade e ao Concello de Gondomar a reforzar a área de Igualdade
Demanda do goberno local a dotación de orzamento suficiente e específico para a Área de Igualdade, para posibilitar o desenvolvemento de todas as accións contempladas no vixente Plan de Igualdade entre mulleres e homes
Insta ao goberno galego a impulsar un proceso con ampla participación social e institucional para a aprobación por lei, neste 2025, dunha Valedoría de Igualdade como autoridade independente de defensa das mulleres contra a discriminación