integral
medio ambiente
IMG_9219

BNG aposta pola rexeneración integral da Foz do Miñor

Néstor Rego: "Hai que rematar con esta situación que afecta gravemente ao ecosistema da ría, a súa biodiversidade e tamén repercute nas potencialidades económicas, destruíndo centos de postos de traballo"

As persoas que encabezan as listas do BNG nas vindeiras eleccións municipais en Gondomar, Manuela Rodríguez, por Nigrán, Xavier Rodríguez, e Iago Pereira, de Baiona, acompañan o deputado nacionalista

Ler novas
medio ambiente
FotoCartazConcentración

O BNG de Gondomar convoca unha concentración veciñal a prol do saneamento integral do concello

Na concentración, que terá lugar o vindeiro sábado 21 ás 11:30h diante do Concello, a veciñanza das parroquias será a protagonista e tomará a palabra para expoñer de primeira man as deficiencias e necesidades no servizo de saneamento

Manuela Rodríguez: Non é unha prioridade para este Alcalde que, en sete anos de goberno, só destinou 208.000€ a obras de novo saneamento, algunha aínda sen empezar

Ler novas
medio ambiente
FotoPresentaciónPlanosCampaña

O BNG de Gondomar inicia nas parroquias as mesas de debate da campaña a prol do saneamento integral do concello

Segundo está recollido no borrador do PXOM de Gondomar, hai parroquias nas que a rede municipal de saneamento cobre escasamente o 10% das vivendas e en ningunha pasa do 70%. Esta carencia, e a falla de outras alternativas por parte do goberno local, obriga a manter depósitos cuxas filtracións provocan a contaminación das terras, dos acuíferos e mananciais, e deixa inutilizados os pozos de auga e fontes.

Ler novas