mellorar
medio ambiente
ManuelaRPumar e DavidRivas - BNG

O BNG explicou en Donas o voto do goberno local en contra das medidas para mellorar este servizo nas parroquias

O Bloque Nacionalista Galego continúa coas mesas de debate da súa campaña polo saneamento integral do concello de Gondomar. O pasado sábado 16 de abril estiveron no Centro Cultural de Donas onde puxeron en común coa veciñanza a situación do saneamento na súa parroquia e recolleron e trasladaron propostas de mellora neste servizo de competencia municipal.

Ademais, a portavoz municipal, Manuela Rodríguez, explicou os modos e os argumentos do voto do goberno local en contra das medidas contidas na moción presentada polo BNG e que foi debatida no pleno do pasado xoves 7 de abril.

Ler novas
medio ambiente
dav

O BNG critica o veto do PSOE a mellorar o saneamento en Gondomar

A fronte nacionalista defende unha moción no Pleno para reclamar máis investimentos nesta materia que resultou rexeitada polos votos do grupo socialista, malia contar co apoio do resto de forzas políticas.

Manuela Rodríguez: “O goberno de Paco Ferreira desatende máis unha vez as súas obrigas e as demandas veciñais, deixando centos de vivendas sen este servizo esencial”

Ler novas