vilaza
medio ambiente
IMG_9445 (2)

O BNG urxe a toma de acordos sobre o problema da auga en Vilaza para poder aprobar a solución no pleno de novembro

A portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez, insta ao Alcalde a convocar con urxencia unha nova reunión da Xunta de Portavoces e engade que, se non hai proposta conxunta, o Bloque levará unha alternativa propia ao pleno porque “a veciñanza da parroquia de Vilaza agarda de nós solucións, non máis demoras.”

Ler novas
medio ambiente
AsembleaVilaza

O BNG denuncia que o Alcalde aínda non convocou ningunha reunión para resolver o problema da auga en Vilaza

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que, a apenas dúas semanas do pleno de outubro, o Alcalde aínda non convocou ningunha reunión para resolver o problema da auga en Vilaza.

Manuela Rodríguez: “Solicitamos do Alcalde que dunha vez por todas se convoque unha primeira reunión no formato que lle pareza oportuno; que deixe de sinalar culpábeis e que se poña a procurar solucións, que é o que demanda a veciñanza de Vilaza”

Ler novas
medio ambiente
IMG_9971_2

O BNG solicita reunión urxente da Comisión Informativa do Pleno para resolver o problema da auga en Vilaza

O BNG vén de solicitar a través do rexistro electrónico do Concello a convocatoria extraordinaria e urxente da comisión Informativa de Asuntos do Pleno para resolver, á maior brevidade posible, o problema da auga en Vilaza. Convida aos demais grupos da corporación a facer o mesmo para obrigar ao Alcalde a convocala, en sesión extraordinaria, xa na vindeira semana

 

Manuela Rodríguez: “Sr. Ferreira, deixe de enviar mensaxes inútiles a través da prensa e as redes sociais e convoque xa os órganos necesarios para dar a solución urxente que precisa a súa parroquia”

Ler novas
medio ambiente
AsembleaVilaza

O BNG de Gondomar reclama do Alcalde a convocatoria urxente da comisión especial para a municipalización da rede da auga de Vilaza

A Portavoz nacionalista, Manuela Rodríguez, ponse de novo a disposición para colaborar na resolución do expediente, tal como xa fixera no pleno celebrado o 20 maio de 2021 (https://i.gal/4NlCJ), en que se facultou ao Sr. Ferreira para designar os integrantes desa comisión da que este excluíu a oposición.

Ler novas
medio ambiente
CartazAsembVilazaAuga

O BNG de Gondomar convoca asemblea informativa en Vilaza sobre a problemática da subministración de auga

O BNG de Gondomar convoca á veciñanza de Vilaza a unha asemblea informativa sobre a problemática do servizo de subministración de auga na parroquia. Será o mércores 3 de agosto ás 20:15h no Centro Cultural de Vilaza. Na reunión, que está dirixida ao conxunto da veciñanza teña ou non auga da rede veciñal, participará a Portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.

 

 

Ler novas