feminismo
WhatsApp Image 2022-10-10 at 14.35.56

O BNG de Gondomar solicita novamente a convocatoria do Consello Municipal da Muller

A piques de rematar a prorroga do IV Plan de Igualdade e en vésperas 25N, o BNG de Gondomar solicita, máis unha vez, a convocatoria do Consello Municipal da Muller (CMM). O órgano leva sen se reunir dende novembro de 2021 cando debería facelo, como mínimo, cada catro meses.

Manuela Rodríguez: “O CMM, como órgano consultivo e de representación das mulleres do noso concello, debera ser o foro onde avaliar primeiramente o grao de cumprimento do Plan”

Ler novas

O BNG denuncia que PSOE e PP deixan sen servizos de conciliación as familias do alumnado de Gondomar

O goberno local do PSOE de Ferreira négase a prestar o servizo de aulas matinais e o da Xunta do PP non dará o comedor ao CRA Antía Cal.

Así o deixaron patente os grupos de Paco Ferreira e de Paula Bouzós co seu voto en contra da moción do BNG debatida no pleno deste mes de setembro.

Ler novas

O BNG de Gondomar solicita a convocatoria urxente do Consello Municipal da Muller para acordar accións en relación ao 8M

O BNG vén de solicitar, a través da súa Portavoz Municipal Manuela Rodríguez, a convocatoria urxente do Consello Municipal da Muller (CMM) co fin de elaborar e valorar propostas de actuación por parte da Concellería de Igualdade en relación ao 8M.

Manuela Rodríguez: "O CMM debería ser o espazo onde se puxeran en común as accións e eventos a levar a cabo no concello de Gondomar en relación a esta data e de acordo ao contemplado no vixente Plan de Igualdade Municipal."

Ler novas